15 Dic Sesión vermú solidaria para despedir o Brión Inclúe
O festival despediuse cunha cita chea de música e arte
Odomingo terminou o festival Brión Inclúe cunha sesión vermú solidaria que contou con Pedro Brandariz como mestre de cerimonias. Abriu as actuacións Chungo Pastel, da Fundación Igualarche de Vigo, seguida pola Escola de Pandereteiras de Brión, que encheu o escenario con música e folklore. Como colofón, a cita acabou co directo de Ruth Cundíns, artista gañadora do concurso vocal Recantos de Ouro no programa Luar (TVG). Ademais, nela presentouse a obra Mari Bárbola da Asociación Galega dá Enfermidade de Dent, na que viches a súa camiseta solidaria a muller con acondroplasia (causa máis común do enanismo) que incluíu Velázquez no seu cadro das Meninas, contribuíndo á dignificación dos chamados «bufóns» da corte.