artfordent
Reproducir vídeo

Asociación galega de enfermidade de Dent

A Asociación galega da enfermidade de Dent nace en maio de 2021 a iniciativa dun grupo de familias galegas de Muros, Pontevedra, Lugo e Brión, con nenos afectados por esta enfermidade. Unha doenza minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles.

 

Sabedores da existencia dunha investigación en marcha, e do proxecto Art for Dent en Galicia, unímonos para sumar esforzos e apoiar a financiación desta investigación.

 

Xuntos conseguiremos máis e tamén nos apoiaremos para sobrelevar as incertidumes e dúbidas que nos afectan como pacientes e familiares. 

Loitaremos por facer visible o invisible.

Queres axudarnos e colaborar?

Podes facelo de moitas maneiras, entre elas mercando algún dos nosos produtos solidarios, dispoñibles na páxina web de www.reizentolo.es.

O 100% do beneficio vai directamente para a investigación. 

 

Se ademáis subes unha foto ás redes sociales coa túa camiseta, taza ou máscara e nos etiquetas, colaborarás coa visibilidade desta asociación.

logo-reizentolo

Se queres colaborar con nós ou axudarnos de calquer outro xeito, podes escribirnos a: artfordentbyhugo@gmail.com

gracias