Slide Asociación galega da enfermidade de Dent Axúdanos e colabora

Art for Dent

Asociación galega da enfermidade de Dent

Somos varias familias de Galicia e Asturias, unidas para loitar contra esta doenza minoritaria que afecta gravemente aos riles dos nosos fillos. Desde a arte e a cultura, todo o que facemos é para dar visibilidade e conseguir fondos para a investigación da enfermidade de Dent.

Queres axudarnos e colaborar?

socios art for dent
Queres facerte soci@?

socios@artfordent.es

Faite socio da nosa asociación aportando o que queiras, ó mes, trimestre…

DESCARGA ESTE PDF e mándao a socios@artfordent.es

donaciones enfermedad de dent
Doazóns

Se queres facer unha doazón puntual, podes facelo aquí:

productos solidarios ar for dent
Produtos solidarios

Podes conseguilos na web de www.reizentolo.es. O 100% do beneficio é íntegro para a investigación.

Ideas solidarias

Ocúrreseche algunha iniciativa para axudarnos? Podes poñerte en contacto con nós e estaremos encantad@s.

Mostra "MySelfie

Primeira exposición no estudo de Arturo Álvarez en Vedra

Produtos solidarios

Camisetas, tazas e máscaras á venda na web de Rei Zentolo

Tapóns solidarios

Iniciativa de reciclaxe con tapóns de plástico en toda Galicia.

Exposición nos restaurantes do Grupo Nove

Cociña - arte- investigación
#ADENTRARTE #URBANART

Murais Urbanos Solidarios

Outra das iniciativas da Asociación é aDENTrARTE, unha viaxe solidaria polo mundo da arte. É un proxecto de propostas murais que viste coa camiseta solidaria “Pepe” a distintas persoaxes da cultura e obras de arte relevantes. Estos murais comezaron a finais de 2020 co mural de “Rallo” nunha vivenda en Brión.

aDENTrARTE comezou a súa andadura en Padrón, co mural de Rosalía de Castro, outra Rosalía loce en Lugo, en Ferrol as Meninas e en Santiago de Compostela, a Mona Lisa.

 

Mural “Rallo” en Brión

 

Mural Rosalía en Padrón

Mural Rosalía en Lugo 

Mural Meninas de Canido 

Mural Mona Lisa en Santiago de Compostela 

Comezo de Art for Dent

En abril de 2020, en pleno confinamento, Hugo, un dos pacientes con Dent, comeza a pintar co seu pai na casa, de xeito terapéutico, como unha actividade lúdica... e ahí empeza este camiño de loita por dar visibilidade á enfermidade de Dent.

Esta asociación ten como base principal a parte artística e cultural para dar visibilidade e conseguir fondos para a investigación.

Na prensa...

La iniciativa As Termas Suma premia a Alcer Lugo por su proyecto Art for Dent

El centro comercial renueva su compromiso con las iniciativas sociales de la provincia destinando una ayuda de 3.000 euros   La segunda edición de la iniciativa As Termas Suma ha premiado a Alcer Lugo con 3.000 euros para apoyar a la asociación en su proyecto Art for Dent. El centro comercial

O festival Art for Dent recada fondos en Brión para investigar esta doenza

A carballeira de Santa Minia, en Brión, acolleu este serán a segunda edición do Art for Dent, un festival solidario que organiza a Asociación Galega da Enfermidade de Dent, unha doenza xenética que afecta gravemente as funcións habituais dos riles, impedindo que o organismo asimile elementos

O proxecto artístico e solidario desta asociación é posible grazas á colaboración e axuda de moita xente, empresas, concellos, negocios, agrupacións, asociacións, clubes deportivos,… todos e cada un deles aportaron grans de area que nos permite seguir sumando. 

 
GRAZAS PORQUE SEN VÓS NON PODERÍAMOS SEGUIR ADIANTE