Ribeira acollerá o domingo 17 de marzo a primeira andaina solidaria ‘Un raio de Luz’

Ribeira acollerá o domingo 17 de marzo a primeira andaina solidaria ‘Un raio de Luz’

Esta mañá presentábase en Ribeira unha nova iniciativa solidaria. Trátase da primeria edición da Andaina ‘Un raio de Luz’, organizada polo colexio Galaxia, en colaboración co Concello.

A actividade terá lugar o domingo 17 de marzo. Con saída prevista ás once da mañá dende a praza de España.

Todo o recadado irá en beneficio da Asociación Galega da Enfermidade de Dent para poder sufragar os gastos de investigación desta doenza.

Dende a entidade organizadora destacaron a boa acollida que está a ter esta iniciativa. A falla aínda de varios días para o peche das inscricións xa van polas 600 persoas.

As inscricións na proba poden realizarse nas instalacións do propio colexio Galaxia, ou a través da páxina web de depor ticket ata o día 14.

O custe será de tres euros para menores de doce anos, e de cinco a partir desa idade.

Tódolos inscritos recibirán unha camiseta oficial da andaina, co lema da Asociación, grazas tamén ó patrocinio, ademais do colexio, das empresas Congalsa, Fripalsa, A Poutada e Jim Sports

 

ver noticia completa