Nova campaña solidaria en Rianxo con Papeleras feitas de tapóns reciclados

Nova campaña solidaria en Rianxo con Papeleras feitas de tapóns reciclados

Esta mañá, presentáronse máis papeleiras fabricadas con tapóns solidario no Concello de Rianxo. O Concelleiro de Medioambiente, Alberto Angueira; Ana Isabel Lapido de Netcycle e María Castelao e Hugo Yáñez, de Art for Dent visitaron as inmediacións da praia de Tanxil en Rianzo onde están colocadas estas novas  papeleiras realizadas con tapóns de plástico dos que recolle a asociación desde hai 4 anos na Esclavitude en Padrón, e realizadas por Netcycle en A Pobra do Caramiñal. 

Con estas papeleiras continúase  dando visibilidade á enfermidade de Dent, convertindo ese material de plástico en donación para a investigación no Nefrochus, no hospital De Santiago de Compostela, e ademáis o feito de que cada tapón recollido polos cidadáns para esta causa, teña unha finalidade de reciclaxe e medio ambiental, convertidos en papeleiras sostibles. 

Un proxecto no que se leva traballando desde Art for Dent hai máis de 3 anos e que sigue sumando iniciativas con ilusión, vendo convertidos esos tapóns solidarios, en algo “útil” para a sociedade. Desde Art for Dent consideran que: Iniciativas coma esta son moi importantes para nós, porque ademáis da doazón, axúdanos tamén a darle visibilidade a esta doenza tan minoritaria. Ademáis de servir de utilidade para a sociedade e queremos agradecer a todos e cada un dos cidadáns implicados nesta campaña”

Unha campaña que segue activa, e coa que seguirán convertindo os tapóns en elementos útiles para os concellos e os cidadáns. E siempre coa finalidade de servir como donación para a investigación desta enfermidade e darlle visibilidade a esta doenza minoritaria. Esperan que moitos máis concellos se sumen á iniciativa de empresas esos residuos plásticos en algo útil para a sociedade e o medioambiente. 

ver noticia