30 Nov Art for Dent e #ADENTRARTE: visibilidade a golpe de mural
- A Asociación Galega da enfermidade de Dent –Art for Dent– segue coa súa campaña #ADENTRARTE para dar visibilidade a esta doenza rara a través da realización de murais urbanos en diferentes edificios de Galicia.
- Unha viaxe solidaria polo mundo do arte, que viste coa camiseta solidaria “Pepe” -a venda en Rei Zentolo- a diferentes personaxes da cultura e das obras de arte máis relevantes do mundo.
Alá polo mes de febreiro en ExtraDixital presentabámosvos a Hugo, ó mellor creativo galego. Un artista de tan só oito aniños que en 2019 foi diagnosticado da enfermidade de Dent. Un trastorno xenético que impide ó correcto funcionamiento dos seus riles. Dende esas, Hugo e Art for Dent –Asociación Galega da enfermidade de Dent– non paran de loitar utilizando o arte ubano e ós murais como arma. O obxectivo non é outro que conseguir unha visibilidade maior de esta doenza. E o máis importante, recaudar fondos para apoiar á financiación privada da investigación. Diferentes obras realizadas en edificios de toda Galicia, están axudando a este pequeno e a todos ós afectados por esta enfermidade a ser un pouco menos invisibles.
Campaña #ADENTRARTE #URBANART
Unha das ferramentas máis efectivas de Art for Dent para a súa loita, está sendo a campaña #ADENTRARTE. Trátase dunha acción que arrincaba no 2020 e que, a través da realización de diferentes murais en edificios de toda Galicia, viste coa camiseta solidaria «Pepe» a diferentes personaxes dá cultura e das obras de arte máis relevantes do mundo.
aDENTrARTE iniciou a su andaina en Padrón có mural de Rosalía de Castro. Despois outra Rosalía tomou Lugo, mentres que en Ferrol foron Las Meninas e en Santiago de Compostela a mismísima Mona Lisa. Estos muráis son completamente solidarios xa que, tanto a pintura como a grúa, son aportados por empresas colaboradoras como é o caso de Procolor.
Se queres que Art for Dent plasme a súa obra na túa vila ou empresa, só tes que poñerte en contacto a través da súa web. Una páxina dende a que ademáis poderás facer a túas donacións ou mercar ós productos solidarios de Rei Zentolo.