Ames e Brión unen forzas para recadar fondos para a enfirmadade de Dent con música, un mural e un tapeo solidario

Ames e Brión unen forzas para recadar fondos para a enfirmadade de Dent con música, un mural e un tapeo solidario

A cuarta edición do Fest for Dent terá lugar o sábado 21 de xuño no parque do Ameneiral de Bertamiráns

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro sábado 21 de xuño a cuarta edición do Fest for Dent, un festival solidario organizado co obxectivo de recadar fondos para a investigación da enfermidade de Dent, unha doenza rara e sen cura que afecta principalmente a nenos. A entrada é de balde e a cita dará comezo ás 17.00 horas cunha programación pensada para toda a familia, que se estenderá ata a medianoite.
A presentación oficial do evento tivo lugar este venres no salón de plenos da Casa do Concello de Ames, coa presenza dos alcaldes de Ames e Brión, Blas García e Pablo Lago; os cofundadores de Art for Dent, María Castelao e Fernando Yáñez; o presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido; e representantes dos establecementos hostaleiros e entidades que colaboran no festival.
Este ano, despois de tres edicións en Brión, o festival trasládase a Bertamiráns «debido ao estado da Carballeira de Santa Minia», como explicou María Castelao. Ademais, incidiu en que «non se cobra entrada, as persoas que asistan poderán colaborar tomando unha consumición na cantina ou mercando as rifas que xa están á venda en distintos establecementos». Todo o recadado «irá para a investigación da enfermidade de Dent», engadiu.

Pola súa banda, Blas García destacou que o 21 de xuño «vai a ser o día da solidariedade na Maia». «A solidariedade non ten fronteiras, non ten límites municipais, e isto é un exemplo que damos os dous concellos», engadiu, recordando ademais que a programación do festival comezou o pasado 30 de maio co concerto de Abraham Cupeiro.

Por último, o rexedor brionés mostrou o «compromiso do Concello con esta causa». Ademais, agradeceu aos colaboradores do festival «porque só sentimos a necesidade de axudar con este tipo de causas cando nos toca na nosa pel».

Programa do festival

Este ano, o festival, que estará presentado por Leti da Taberna, contará coas actuacións de Paco Nogueiras, o Mago IvánTambukadaSon ElasRetranqueiriñosMary IglesiasAs Maianas Dos Hombres y Tercio. Así mesmo, realizarase un gran mural colaborativo en directo coa artista plástica Llou Insidias, e haberá actividades para os nenos e nenas ao longo da tarde.

Catro locais de hostalaría

Unha das grandes novidades desta edición é a estrea da iniciativa Berta Tapeo Solidario, que terá lugar ata o vindeiro venres 20 en catro locais de hostalaría de BertamiránsOnde KeirasStreet GardenSicilia in Bocca e Petiscos.

Ver noticia completa