O festival Art for Dent recada fondos en Brión para investigar esta doenza

O festival Art for Dent recada fondos en Brión para investigar esta doenza

A carballeira de Santa Minia, en Brión, acolleu este serán a segunda edición do Art for Dent, un festival solidario que organiza a Asociación Galega da Enfermidade de Dent, unha doenza xenética que afecta gravemente as funcións habituais dos riles, impedindo que o organismo asimile elementos básicos para a vida como proteínas, vitaminas, potasio, magnesio ou calcio.

A día de hoxe, arredor de 40 persoas en España, catro delas en Galicia, padecen esta enfermidade que non ten cura nin tratamento.

O obxectivo do festival, que conta coa colaboración de numerosos artistas galegos, é loitar contra esta doenza recadando fondos para apoiar a investigación e darlle visibilidade desde a arte e a cultura.

ver nova completa