‘Myselfie’: unha exposición para darlle visibilidade á enfermidade de Dent

‘Myselfie’: unha exposición para darlle visibilidade á enfermidade de Dent

Ver nova completa na TVG

Xa lles falamos noutras ocasións de Hugo, un rapaz de 7 anos de Brión que ten unha enfermidade rara, a enfermidade de Dent. Atopou na arte unha terapia e hoxe podemos amosarlles a súa primeira exposición.

O propio Hugo é o que nos guía neste percorrido pola súa obra. Faino nun vídeo que xa circula polas redes sociais e que foi posible porque o artista Arturo Álvarez (www.arturoalvarez.art) lle cedeu o seu espazo.

A súa solidaridade achegoulle máis luz a este proxecto, que quere darlle visibilidade á enfermidade de Dent para conseguir fondos que vaian directamente para a investigación desta patoloxía. Uns cadros pintados por un cativo de sete anos que locen como os de artistas consagrados en grandes museos.

Myselfie é o titulo que Hugo lle puxo a esta mostra e tamén ao seu cadro favorito.