14 Jul Mulleres de Brión doan 3.000 euros para a investigación da enfermidade de Dent
A Asociación de Mulleres Xuntanza de Brión vén de doar 3.000 euros á Asociación Galega da Enfermidade de Dent, ART FOR DENT, para a investigación desta doenza rara de carácter hereditario e que afecta os riñóns.
Este mes de xullo de 2022, o colectivo de mulleres de Brión, con 25 anos de funcionamento e numerosas actividades realizadas nas súas costas, tomou a decisión de poñer fin á súa actividade. Así, a Xunta directiva da asociación, logo de reunirse, acordou doar o importe que teñen na súa conta a unha entidade benéfica como ART FOR DENT, que recibe deste xeito 3.000 euros para o proxecto de investigación da enfermidade de Dent no NEFROCHUS, en Santiago de Compostela.
A Familia de Brión reuniuse con elas na Carballeira de Santa Minia para agradecerlles a iniciativa de que destinen estos fondos para a investigación desta enfermidade minoritaria, «para a que se precisan moitos recursos que permitan seguir avanzando na investigación», explica a Asociación de Mulleres Xuntanza de Brión.