Emotivo recoñecemento á gran labor solidaria das entidades gañadoras dos Premios Cenor

Emotivo recoñecemento á gran labor solidaria das entidades gañadoras dos Premios Cenor

Discamino, Asanog, Cuantayá, Art for Dent y Asotrame foron os colectivos galardoados na cerimonia celebrada onte no Hostal

 

O Hostal dos Reis Católicos acolleu onte o acto de entrega dos IX Premios Solidarios Cenor. Nesta edición, despois de recibir ata 90 candidaturas, o gañador do primeiro premio especial, recaudación Hoyo Solidario, foi para Discamino, asociación relacionada co Camiño de Santiago que busca lograr que calquera persoa discapacitada poida gozar de todo o que a peregrinación a Santiago ofrece. O proxecto gañador é Adquisición de vehículo infantil adaptado. O segundo premio especial, recaudación concerto benéfico Cenor, foi para Asanog, Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, que presentou o Proyecto Avanza.

Ademais, o primeiro premio, dotado de 6.000 euros, foi para Cuantayá, co seu proxecto La Carambola, unha rede de apoio veciñal de Xixón. Mentres, o segundo premio, con 3.000 euros, levouno Art For Dent, Asociación galega da enfermidade de Dent, coa súa iniciativa ReciclArte, de Brión. En canto ao terceiro, dotado de 1.500 euros, foi para Asotrame, Asociación Gallega de Trasplantados de Médula Ósea, xunto ao seu grupo de Investigación Asociado, o Grupo de Investigación en Oncohematoloxía do Servizo de Hematoloxía do CHUS.

Coa celebración destes premios, Cenor Electrodomésticos confirma a súa aposta polo fomento da responsabilidade social corporativa para o desenvolvemento das zonas onde desenvolve a súa actividade.

Ver nova completa